Saltar ao contido principal

Publicacións

Adxudicadas as obras para recuperar o entorno do Faro de Lariño

Alegrámonos moito de que este proxecto impulsado fai tres anos polo BNG se vaia a acometer de inmediato. Quedamos á espera de que a segunda parte do mesmo, que inclúe a dotación dun aparcadoiro para auto caravanas e outra pista de pádel se poida adxudicar de inmediato. Agradecémoslles ós veciños de Lariño a súa comprensión nun proxecto tan controvertido e desexámoslle que axiña poidan desfrutar dun espazo único.    https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/adjudican-las-obras-para-recuperar-el-entorno-del-faro-larino-en-carnota-EC8523987?fbclid=IwAR3o5CBAJ34I2rHY2XxBGtoAS1XirMoHRoOFYMMewVFUUWX3WyM4nPJuFJE    

Concesión do quiosco da Praza de Galicia en Carnota

Despois dunha reparación de 6446,82 €, o Concello de Carnota saca a licitación a "Concesión de quiosco situado en la Plaza de Galicia", tendo de prazo para a presentación de ofertas ata o 17/07/2021. Esta oferta foi publicada o día 02 de xullo na prataforma de contratación do Ministerio de Facenda, dende o BNG non entendemos como o Concello non lle da publicidade a esta oferta, e xa que non o fan eles, dende aquí deixamos os enlaces ó anuncio de licitación e ó prego de condicións por se hai algún interesado. https://contrataciondelestado.es/.../DOC_CN2021-014158... https://contrataciondelestado.es/.../DOC_CD2021-014210...  

Herbicidas, árbores e o que non se ve

Se primeiro foron as árbores da pista de Lira, logo as do colexio de Carnota, Lamas de Castelo ..., agora tocoulle as da praza de Carnota. Noutros concellos plántanas e no noso nin as coidan nin as podan, directamente córtanas. Mentres que cos anteriores gobernos do BNG plantábanse árbores con este goberno cando rematen estes catro anos non queda unha árbore no concello. E que se fai con esa madeira?   regalala porque o banco de leña xa non existe. O que non se cortan son as herbas polo medio dos lugares e nos espazos públicos. Todo moi bonito e moi ben recortado (tamén fumigado) onde se ve, e onde non se ve a monte como nos din os veciños. E para que todo quede ben, de paso, o concello dálle unha boa rozada ao solar da igrexa, o que se ve desde a estrada, non importa que sexa unha propiedade privada, nin facelo sen o correspondente expediente, nin reclamar o importe como a calquera veciño cando non limpa o seu. E cal é a súa explicación, que está cheo de lixo, o mesmo argume...

Recollida de sinaturas contra a suba do prezo da luz

                                              Hoxe estivemos no mercado de Carnota durante 2 horas recollendo sinaturas contra a subida do prezo da luz, e foi todo un éxito pois recollemos 120 sinaturas en 2 horas.   As nosas propostas son:     intervención pública da enerxía, tarifa eléctrica galega, IVE do 4%.  

Que pasa este ano co campamento de verán?

Varios pais e nais fixéronnos chegar o seu descontento   pola falta de transparencia e polo que está a pasar coa selección das nenas e nenos para o campamento Aldea de Verán 2021. Xa fomos, fai uns días, a preguntar por este tema e pensamos que estaba máis ou menos solucionado pero parece que non, así que mañá sen falta ímonos a achegar ao concello para ver que nos poden aclarar. Para o BNG non é nada novo a falta de transparencia que existe na actualidade no concello de Carnota. E desde logo mentres gobernou o BNG non quedaron fóra dos campamentos ningún neno nin nena empadroado no noso concello, e para que puidesen entrar todos os solicitantes e cumprir debidamente cos ratios dende o concello pedíase á empresa que levaba o campamento que contratase máis monitores, e desde logo se aumentaba o prezo era o concello quen poñía o resto. O que non nos explicamos cal é o motivo para que agora si pasen estas cousas. Temos que ter en conta que este ano o concello recibiu unha subv...

O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa.

            O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa. O mércores 23 de xuño recolleremos sinaturas na feira de Carnota contra a subida da luz.  

Ó final tíñamos razón

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2021/06/19/luminarias-ahorro-energetico-dejan-fondos-arcas-locales/0003_202106b19c1991.htm       As luminarias do aforro enerxético deixan sen fondos as arcas locais de Barbanza A. Gerpe / Xoán R. Alvite RIBEIRA / LA VOZ BARBANZA Alvite O Son e Lousame non recibiron a subvención das obras acabadas hai máis de 18 meses 19 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h. Comentar · 1 ...