Saltar ao contido principal

Publicacións

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 5)

                                                 Hoxe rematamos ca última das preguntas que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno. •         Cal é o motivo que impide ao Concello dar publicidade ás convocatorias dos plenos por medio de bandos?             Reposta: Que publican as convocatorias na web do Concello e que non publican os bandos porque lles dixeron que “vos non o faciades”.             Conclusión: N on é certo, o goberno anterior do BNG con carácter xeral publicaba os bandos de convocatoria dos plenos ca sua correspondente orde do día. ...

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 4)

  Seguimos con máis preguntas do pleno do día 26, e repetimos, que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno. •         Existen informes xurídicos que avalen a decisión do alcalde de non recurrir a setenza que condena ao ex alcalde Sr. Oreiro e a Sra. Piñeiro por un delito de prevaricación e reclamar os máis de 172.000€ que pedía o Concello? Resposta: Si, teñen informes xurídicos externos de varios avogados e eses informes din de non recurrir por se hai condena en costas. Conclusión: Todas as veces que se discutiu este tema é a primeira vez que o acalde fala de informes xurídicos, si falou de que fixeron consultas a xuristas. De todos os xeitos os avogados coñecen a lei e saben que a regra xeral é que non hai condena en costas á acusación particular (o Concello neste caso). •         Despois de varios escritos presentados polo grupo ...

Preguntas presentadas o día 25 para resposta no pleno do día 26 de novembro. (Parte 3)

Seguimos con duas preguntas contestadas no pleno do día 26 que tivemos que facer por escrito e presentar con 24 horas de antelación para que o alcalde as conteste no pleno. •         Xa paga Dumbría a parte que lle corresponde do saneamento ou seguimoslle a pagar as veciñas e veciños de Carnota? Ao alcalde non lle gusta como está formulada a pregunta pero dende o BNG non encontramos outra maneira de facela. Resposta: Despois de diversas explicacións do tipo de “... hai 4 estacións sen recepcionar por augas de Galicia. Que está en proceso administrativo de fase de recepción. Que Dumbria quere pagar, que ten partida de pago nos orzamentos...” Conclusión: O Concello de Carnota segue pagando a Dumbria os bombeos do saneamento do Ézaro. Se está Dumbria desexando pagar como di o alcalde que pague xa empezando polos atrasos.     •         Qué medidas está a tomar o goberno municipal para axudar aos p...