Saltar ao contido principal

Publicacións

Visita de Daniel Pérez a Carnota

O   pasado xoves 29 de outubro o diputado autonómico do BNG Daniel Pérez visitou Carnota, onde mantivo unha xuntaza cos nosos concelleiros para coñecer de primeira man a situación do proxecto de   saneamento de Lariño e recoller a información necesaria para   que o   BNG faga a correspondente pregunta parlamentaria como nos comprometemos coa veciñanza de Lariño  

O Alcalde de Carnota non quere cumplir os acordos plenarios

  Onte luns ás 20:15 h os membros da corporación son convocados a un “ pleno extraordinario ” para ás catro da tarde do xoves con un único punto da orde do día: “ aprobar o proxecto modificado de “ Mellora” Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño ”, o mesmo que xa foi rexeitado pola maioria do pleno o día 1 de outubro. Acaso pensa o alcalde, “ por segunda vez ”, non cumprir cos acordos plenarios? Recordarlle a Juan Manuel Saborido que un alcalde ten unhas obrigacións, e unha delas é cumprir o acordado nos plenos, se non é unha deixación das súas funcións, sabendo da inxustiza do seu acto e aproveitandose da capacidade de decisión que lle da o seu cargo. O alcalde Juan Manuel Saborido está a amosar unha actitude de desprecio ao pleno que representa a maioria do pobo de Carnota,   vai contra os intereses xerais da veciñanza e neste caso en particular fáltalles ao respeto ás veciñas e veciños de Lariño. Dende o BNG exisimos ao alcalde velar polo cumprimento do acordo plenar...

O BNG de Carnota ponse a disposición da veciñanza para achegar preguntas ao goberno municipal nos Plenos

No pleno do día 1 de outubro o alcalde comunícanos a súa decisión de non contestar no mesmo pleno ás preguntas que se lle formulan e ás que dará resposta no primeiro pleno inmediatamente posterior, e dicir dous meses máis tarde. Ao non ter resposta as nosas preguntas de forma oral no pleno onde se expoñen, e amparados pola Lei, pretendemos formulalas por escrito e que se nos conteste no pleno inmediatamente posterior, polo que as preguntas se traladarán en tempo e forma vía rexistro, do cal terá cumprida información toda a veciñanza mediante a publicación nos medios habituais de comunicación do BNG de Carnota. Ante a imposibilidade de continuar cas asembleas veciñas por mor do agravamento da situación derivada de pandemia COVID-19, dende o BNG queremos ofrecerlle as nosas veciñas e veciños a posibilidade de que nos fagan chegar toda canta pregunta, proposta ou información que consideren necesarias incluír nese escrito para trasladarllas ao goberno municipal polo que podedes   con...