Onte luns ás 20:15 h os membros da corporación son convocados a un “ pleno extraordinario ” para ás catro da tarde do xoves con un único punto da orde do día: “ aprobar o proxecto modificado de “ Mellora” Ambiental do Campo de Fútbol de Lariño ”, o mesmo que xa foi rexeitado pola maioria do pleno o día 1 de outubro. Acaso pensa o alcalde, “ por segunda vez ”, non cumprir cos acordos plenarios? Recordarlle a Juan Manuel Saborido que un alcalde ten unhas obrigacións, e unha delas é cumprir o acordado nos plenos, se non é unha deixación das súas funcións, sabendo da inxustiza do seu acto e aproveitandose da capacidade de decisión que lle da o seu cargo. O alcalde Juan Manuel Saborido está a amosar unha actitude de desprecio ao pleno que representa a maioria do pobo de Carnota, vai contra os intereses xerais da veciñanza e neste caso en particular fáltalles ao respeto ás veciñas e veciños de Lariño. Dende o BNG exisimos ao alcalde velar polo cumprimento do acordo plenar...