Saltar ao contido principal

Publicacións

Calendario de actos

Toda a información sobre os actos que organizará o BNG durante a campaña. Apúntaos!

O noso equipo

Estes son os homes e as mulleres que formamos parte da candidatura do BNG de Carnota. Candidatura Ramón Noceda Caamaño (Moncho O Roxo). Lariño. Iván Franco Caamaño. Carnota. Belén Campos Díaz. Caldebarcos. Jorge Fiuza Barreiro. Sofán - Lira. Marupe Armendariz Villar. Canedo. Iago Maceiras Dosil. Lira. Lourdes Piñeiro Caamaño. O Pindo.  Fernando Siaba Espasandín (Nando). Louredo. Cecilia Caamaño García. Mallou. Agustín Lamela Caamaño. Lariño. Begoña Pérez Domínguez. Carnota. Suplentes Marisa Agulleiro Malvarez. San Mamede. Manuel González Costa. Quilmas. Fátima Dosil Caamaño. Lira. Cándido Caamaño Lado (Marcelino). O Pindo. Mª Manuela Núñez García. Lariño. David Añón Portela.Vilar de Carnota. Susana Riveiro Siaba. Louredo. Pedro Balayo Caamaño. Lira. Remedios Dosil González. Lira. Antón Federico Beiro Oreiro (Tono de Albela). Canedo Foto da candidatura do BNG - Asembleas Abertas de Carnota Composición con todos os membros da candidatura Alg...

Rexeitamento veciñal unánime ao proxecto de Gas Natural a carón do Colexio de Carnota

Aspecto do Salón de Actos O Salón de Actos do Concello de Carnota acolleu onte unha Asemblea Veciñal para explicar o alcance da infraestructura proxectada pola empresa Gas Natural con apoio da Xunta a escasos 60 metros do Colexio Público de Carnota, unha obra que parece feita, como temos denunciado , desde os despachos e sen poñer un só pe na zona. Non fixo falta que transcurrira moito tempo de reunión para certificar o rexeitamento unánime da veciñanza presente no acto, que xa se adheriu decididamente ás alegacións que ten redactado o Concello para deter o proxecto, e que xa supera o medio centenar aínda que prevese que esta cifra sexa moi superior moito pois a veciñanza vai a distribuír copias das alegacións entre a xente que non puido asistir á reunión. Quen o desexe pode descargar aquí as alegacións (PDF) que deberán asinarse con nome, apelidos e DI para parar este proxecto temerario e perxudicial para o futuro do noso concello, que son as nenas e os nenos. O escrito de a...

O BNG de Carnota remata a lexislatura con unha nova rolda de Asembleas Veciñais para dar conta da súa xestión e recoller achegas ao Programa

O BNG de Carnota esgota a lexislatura 2011-2015 tal e como a comezou, cumprindo o seu compromiso de participación e transparencia na acción de goberno e que o levou a desenvolver unha trintena de Asembleas Veciñais e Sectoriais durante este mandato . Para iso, imos desenvolver ao longo deste mes unha última xeira de Asembleas Veciñais polas distintas localidades para dar conta da súa acción de goberno e tamén recoller as propostas veciñais ao novo programa que agardamos poder desenvolver entre os anos 2015-2019. Ademais, por primeira vez e de xeito pioneiro, vai a desenvolver unha Asemblea vía streaming dirixida á Carnota emigrada, é dicir, a toda a xente que sendo natural de Carnota tivo que sair a buscarse a vida polo mundo, pero seguen tendo moito que dicir. Asemblea veciñal: Non ao tanque de Gas Natural xunto ao Colexio de Carnota A veciñanza do núcleo no que se radica a Casa do Concello e boa parte dos servizos municipais terán a súa Asemblea Veciñal o xoves 16 de abril ás 17...

Por qué a oposición carnotá se nega a combatir a corrupción?

As mentiras de PP e PSOE, ao descuberto O PSOE tenta convencer á veciñanza de que este pleno  non existiu ( CC ) No pleno celebrado o pasado venres PSOE e PP votaron en contra de que o concello de Carnota se poida personar como acusación no xuízo que se segue no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un presunto delito de prevaricación polo que están imputados José Oreiro, Marisol Piñeiro, Carlos Bousoño e Rosa Rama . Argumentaron, para xustificarse, que Ramón Noceda presentara a denuncia como alcalde de Carnota sen estar habilitado para iso polo pleno. Así o dicía o portavoz socialista, Suso Campos e o refrendaba coa súa posición o outro concelleiro socialista, Juan Manuel Saborido. Todo o pobo coñece a súa cantarea: “ O pleno que o habilita non existiu ” , “ É un pleno fantasma ”... Vamos explicar a situación: unha denuncia por prevaricación pode (e debe) presentala calquera persoa que vexa indicios dese delito, sexa Ramón Noceda ou calquera outra persoa. Agora ben, se...

O BNG oponse ao tanque que Gas Natural pretende levantar xunto o Colexio de Carnota e chama á veciñanza a unirse ás alegacións

O BNG anuncia a súa oposición frontal ao proxecto que Gas Natural pretende levar a cabo en Carnota con aparente apoio da Xunta, cuxo prazo para formular alegacións comezou onte, e do cal concello e grupos non tiñan a menor constancia. Membros do BNG acudiron ás dependencias administrativas na Xunta de Galicia en Monelos para solicitar copia de toda a documentación para informar á veciñanza do que parece ser a autorización provisional por parte da Xunta á instalación absolutamente temeraria dun tanque regasificador de Gas Natural a escasos de 60 metros da escola pública da localidade de Carnota, proxecto para o que acaba de abrirse un prazo de alegacións de 15 días. Precisamente chama a atención que o proxecto omite a presenza nas inmediacións dun colexio infantil, o que fai sospeitar que foi redactado desde o despacho e sen poñer nin un só pe a zona para comprobar o que había ou non nas inmediacións. Sendo asi, tanto Concello de Carnota como BNG anuncian que van presentar alegación...

PP e PSOE alíanse para evitar que o Concello se persone na causa do TSXG contra o seu ex-goberno por prevaricación

O pleno confirma o secreto a voces de que existe desde hai meses un pacto PP-PSOE de Carnota Finalmente o PP e o PSOE sumaron os seus votos para evitar in extremis que o Concello de Carnota poida participar en defensa do seus intereses no caso que instrúe o TSXG contra os seus ex-mandatarios José Oreiro (ex-alcalde) e Marisol Piñeiro (ex-tenente de alcalde e actual deputada autonómica do PP). Co seu voto en contra baseado en repetir insistentemente argumentos que desde o goberno lle foron desmontados unha e outra vez, o portavoz do PSOE Suso Campos confirma o secreto a voces de que mantén desde hai meses un pacto co PP; el mesmo chegou a dicir publicamente que "se saco un chégame para gobernar"; o feito de non ter mantido ningún contacto neste senso co entorno do BNG anticipaba que si podría existir algún tipo de acordo tácito co Partido Popular que lles obrigou neste pleno a que en lugar de actuar en defensa dos intereses veciñais ou cando menos absterse para que o acordo...