As mentiras de PP e PSOE, ao descuberto O PSOE tenta convencer á veciñanza de que este pleno non existiu ( CC ) No pleno celebrado o pasado venres PSOE e PP votaron en contra de que o concello de Carnota se poida personar como acusación no xuízo que se segue no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un presunto delito de prevaricación polo que están imputados José Oreiro, Marisol Piñeiro, Carlos Bousoño e Rosa Rama . Argumentaron, para xustificarse, que Ramón Noceda presentara a denuncia como alcalde de Carnota sen estar habilitado para iso polo pleno. Así o dicía o portavoz socialista, Suso Campos e o refrendaba coa súa posición o outro concelleiro socialista, Juan Manuel Saborido. Todo o pobo coñece a súa cantarea: “ O pleno que o habilita non existiu ” , “ É un pleno fantasma ”... Vamos explicar a situación: unha denuncia por prevaricación pode (e debe) presentala calquera persoa que vexa indicios dese delito, sexa Ramón Noceda ou calquera outra persoa. Agora ben, se...