O BNG comeza a desenvolver a súa xeira de Asembleas Abertas por todas as parroquias cunha xuntanza veciñal aberta que terá lugar o venres 17 de outubro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, e á que están convidadas as veciñas e os veciños a por enriba da mesa todas as achegas, ideas, suxestións e críticas destinadas a facer de Carnota un lugar mellor e do BNG a ferramenta útil para transformar o pobo galego. Estas xuntanzas, que xa se veñen desenvolvendo por todo o País nas últimas semanas, pretenden chamar ao conxunto da sociedade a debatir construtivamente o papel do BNG no difícil contexto social e político actual, e perfilar as melloras e modificacións que precise o proxecto nacional encarnado no Bloque Nacionalista Galego para consolidar e refrescar o seu papel histórico de referente do pobo galego organizado na defensa dos dereitos nacionais e sociais da nosa Terra. Por suposto, a experiencia do goberno nacionalista no municipio tamén ocupará un lugar destac...