Saltar ao contido principal

Publicacións

[SUSPENDIDO] O BNG de Carnota chama a pronunciarse polo fin da monarquía e impedir que os poderes fácticos decidan por nós

Evento suspendido ata novo aviso Por non termos recibido permiso de manifestación e pola presenza continua de Policía na zona desde as 10:00h con instrucións de identificar a todos os asistentes, suspendemos esta concentración ata novo aviso. Esta monarquía non merece un euro máis dos cidadáns. Este sábado 7 de xuño ás 13:00h ante a Casa do Concello , o nacionalismo carnotán chama a todas as veciñas e veciños a participar nunha concentración que continúe no plano máis próximo á nosa veciñanza coa axitación social iniciada o pasado luns coa renuncia do xefe de estado e máximo representante da coroa monárquica, Juan Carlos, data en que as potentes maquinarias dos poderes fácticos do sistema e os medios de comunicación comezaron a traballar arreo para garantir un traspaso de poderes discreto e incuestionado ao seu terceiro fillo, Felipe, por ser o varón da casa. O BNG lamenta que o PP e o PSOE correran a pechar filas en torno á sucesión, perpetuando asi o modelo profundamente antidemo...

O fiscal apreza “indicios racionais de criminalidade” nas actuacións da deputada Marisol Piñeiro e o ex-alcalde José Oreiro e a xuíza eleva o caso ao TSXG

Poderían ser inhabilitados por saltarse a lei ao contratar a dedo unha traballadora por cuxo despido piden a dimisión do actual alcalde Marisol Piñeiro. Fonte: La Voz de Galicia Os antigos alcalde e tenente de alcalde de Carnota polo PP, José Oreiro e Marisol Piñeiro, sentaranse ante o máximo tribunal de Galiza logo de o fiscal solicitara elevar ao TSXG a denuncia presentada polo actual alcalde de Carnota ante o Xulgado de Muros, por tratarse actualmente dunha deputada aforada. O fiscal aprezou “indicios racionais de criminalidade suficientes para xustificar unha imputación contra Dª Marisol Piñeiro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia” ao contratar a dedo unha asesora do alcalde pouco despois de conseguir o PP o goberno de Carnota no 2007. Curiosamente a agora deputada do PP, daquela tenente de alcalde, foi implicada polo propio denunciado José Oreiro, por ser ela quen asinou o contrato fraudulento, a pesar de que Marisol tentou desvincularse dunha decisión “que ela n...

Carnota reivindica o dereito da muller a decidir libremente sobre o seu corpo

Polo dereito das mulleres a decidir Desde esta semana, igual que noutros concellos de Galiza gobernados polo BNG, nas inmediacións da Casa do Concello de Carnota pendura unha faixa en defensa do dereito das mulleres a decidir e por un aborto libre e gratuito, contra o criterio que tratan de impoñer determinados sectores ultradereitistas co apoio do actual partido no goberno da Xunta e do estado, o Partido Popular. O BNG de Carnota denuncia asi a reforma involucionista da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón, e reitera a convicción inquebrantábel dos nacionalistas carnotáns de que son as mulleres e só as mulleres quen poden e teñen que decidir sobre a súa maternidade, e a exercitar ou non a opción do aborto libre, gratuíto e en condicións de seguridade sanitaria; xusto o contrario do que promulga a filosofía que representa esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor mesmo que fai trinta anos e adoptando o camiño con...

O PP clausura o Centro de Día de Carnota ignorando a paralización cautelar que reclamou xudicialmente o Concello

Admitida a trámite a denuncia do Concello contra o Consorcio por clausurar o Centro vulnerando o convenio vixente O referencial Centro de Día de Carnota está baleiro desde onte Os xulgados van dilucidar a legalidade da decisión da Xunta no senso de clausurar este servizo público fundamental para moitos veciños de Carnota e mesmo alén, pois ao ser o único Centro de Día da bisbarra acollía usuarios ata de Fisterra. O PP, recorrendo á vella excusa de que non lles gustan as instalacións de Pedramarrada, pese a que foi o propio PP quen no seu día impuxo as condicións e elixiu esa ubicación, a Xunta vén de clausurar na xornada de onte o Centro de Día privando aos veciños deste servizo público de proximidade pioneiro na bisbarra, rompendo unilateralmente un Convenio que ten vixencia ata o 2015. Detrás do seu traslado a Muros agochan que ese novo centro só dará cobertura aos usuarios que xa están atendidos actualmente en Pedramarrada, e que eles e as súas familias xa expresaron o seu des...

O ex-alcalde de Carnota José Oreiro, imputado por prevaricación nas súas contratacións laborais

Fonte: La Voz de Galicia A dramática situación económica de Carnota tamén ten moito que ver co sistema de contratación que José Oreiro levou a cabo no seu mandato. O BNG xa denunciara publicamente que nos seus primeiros meses de mandato Oreiro despedira 9 traballadores que por teren subvencións o seu custe supoñía só 10 mil € ao concello, e que logo contratara para as mesmas funcións 8 traballadores por un custo de 150 mil €. Precisamente unha desas contratacións foi a que levou a Ramón Noceda, en representación do Concello de Carnota, a denunciar o pasado mes de febreiro ao seu antecesor José Oreiro por prevaricación nunha contratación ilegal sen publicidade nin concurso publico ao que puidera acceder en igualdade de condicións calquera interesado ou interesada, ata o punto de dármoslle trato de salario político a cargo do erario municipal, é dicir, do peto de todos os veciños e veciñas. O certo é que esta contratación producírase ás escasas semanas da posesión de José Oreiro...

A situación de emerxencia obriga a prescindir de 6 empregados municipais

Revista A Moa nº 33 - Verán de 2013 Edición nº 33 monográfico: "A situación de emerxencia obriga a prescindir de 6 empregados municipais", correspondente ao verán de 2013 deste Voceiro local do BNG de Carnota. Sumario : • As débedas herdadas asfixian as arcas municipais • Os ingresos municipais tocan o seu chan histórico • Carnota ingresa un terzo que no ano 2010 pero seguía mantendo o mesmo personal fixo e indefinido • Que aforro suporán estes despedimentos ás arcas municipais? • O obxectivo destas e outras medidas é garantir a viabilidade financieira do concello sen tocar os servizos básicos • O goberno deu exemplo minimizando soldos políticos, creando a Bolsa Municipal de Emprego e mellorando a eficiencia enerxética • O BNG de Carnota lamenta os despidos e apoia o goberno local • A oposición tenta aproveitar o río revolto para revivir a pantasma do pacto PP-PSOE en Carnota • O ex-alcalde de Carnota José Oreiro, imputado por prevaricación nas súas contratacións...

Carnota móvese polo seu patrimonio: a Torre dos Mouros renacerá das ruinas coa axuda de todos

Detalle dun muro do sitio arqueolóxico. Imaxe: Anón Malde O recente descubrimento dos restos dunha fortificación de dúas hectáreas ata agora descoñecida no Monte dos Castros de Lira, que algúns xa identifican coa desaparecida Torre dos Mouros que citan certas fontes documentais do pasado século, levou ao Concello de Carnota a convocar a toda a veciñanza a unha xuntanza na Casa do Concello mañá venres 11 de maio desde as 20:30 horas , co gallo de explicar ao detalle un novidoso proxecto para recuperalo e investigalo. O proxecto prevé facer unha limpeza de superficie e mesmo unha pequena excavación co gallo de obter datos que permitan aclarar a súa procedencia e funcionalidade, perdidas desde a noite dos tempos debaixo dunha mesta mata de terra e toxos. E será necesaria a colaboración de todos, pois para determinadas fases dos traballos será precisa a participación de voluntariado. O BNG de Carnota aposta porque a crise e a falta de recursos do momento non supoñan un impedimento á...