Saltar ao contido principal

Publicacións

Carta aberta do alcalde a todos os veciños e as veciñas de Carnota

Publicamos a carta aberta enviada recentemente aos fogares de todos os veciños e as veciñas de Carnota polo seu alcalde Ramón Noceda. Con este xesto o BNG quer cumprir o compromiso de transparencia adquirido ante a cidadanía, informando con clareza da situación interna real do concello. Foi precisamente a falta de transparencia un dos defectos da acción do anterior executivo do PP que máis incomodara ao conxunto da veciñanza. A misiva divídese en catro apartados prologados polos datos económicos a día da redacción do escrito, que arroxan un importante déficit que dificultan e mesmo impide desenvolver as iniciativas que no BNG procuramos e que a cidadanía demanda. Asi, esta lexislatura iniciouse cunha débeda total de 4.896.314 euros, dos que case catro millóns se desglosan entre débedas acumuladas coas entidades bancarias, o servizo de auga e saneamento e sobre todo as débedas c...

Un Entroido 2012 desde a sociedade e para a sociedade

O Concello de Carnota estrea este ano unha das programacións máis completas polo seu Entroido. Unha intensa axenda de actividades para todas as idades que durante case unha semana animará as rúas do noso municipio e na que destacan o importantísimo papel das distintas Asociacións do noso concello, que coa axuda do Concello conseguen que a cita se apresente do máis divertida sen supoñer grandes desembolsos do erario público. Desde o BNG de Carnota convidamos a toda a veciñanza a participar nas actividades culturais e de lecer que desde o 17 ata o 22 de febreiro darán cor ás rúas das distintas localidades do noso concello. ENTROIDO 2012 NO CONCELLO DE CARNOTA VENRES 17 17:30 PAVILLÓN DE CARNOTA (DETRÁS DO CONCELLO) Festa infantil e Concurso de orellas*. Degustación de orellas para todos os asistentes. Contaremos tamén cun desfile de disfraces (incluso ata a estrada xeral, se o tempo o permite) para premiar os máis orixinais e a súa posta en escena (individual e colectivo, at...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Os membros da candidatura do BNG de Carnota asinan un compromiso contra o transfuguismo

As e os 22 membros da candidatura do BNG, no noso local O conxunto das mulleres e os homes que participaron na candidatura do BNG de Carnota nas pasadas Eleccións Municipais rubricaron o 10 de xuño o seu compromiso por escrito de que no caso de que obteñan ou cheguen a obter a acta de edil, esta permanecerá inalterabelmente ao servizo da organización pola que foron electos, o Bloque Nacionalista Galego . Con este xesto o conxunto da candidatura do BNG quere constatar o seu frontal rexeitamento das prácticas de transfuguismo, polas cales calquera persoa que obteña unha acta de concelleiro podería ao día seguinte obrar dunha forma distinta ou mesmo contraria ao programa e posicionamentos da opción política pola que concurriu, contrariando tamén a vontade do cidadán que dera o seu voto á dita opción. Animamos a todas as opcións políticas a emprender o camiño de adoptar as medidas que sexan necesarias para acurralar e erradicar o transfuguismo e o chalaneo, con especial atención n...

Moncho Noceda proclámase novo alcalde de Carnota co apoio da maioría absoluta da corporación

O esperado momento da investidura do novo alcalde Ramón Noceda Caamaño é xa o novo alcalde do Concello de Carnota , tras o impecábel desenvolvemento da sesión plenaria durante a que tomaron hoxe posesión das súas actas os 11 novos edís da corporación municipal 2011-2015. Moncho Noceda no momento de tomar posesión Durante un pleno caracterizado pola importantísima presenza e a normal expectación veciñal, dado que se chegou ao mesmo momento da investidura sen ningún acordo entre as forzas, finalmente os 2 concelleiros electos polo PSOE de Carnota deron o seu apoio á candidatura presentada polo BNG, que alcanzou asi os 6 edís necesarios para a proclamación do alcalde. Moncho Noceda, durante o seu primeiro discurso como novo alcalde de Carnota, agradeceu a toda a sociedade o importante apoio recibido e animou á veciños a sumarse a traballar polo futuro dun concello que non atravesa polo seu mellor momento. Asi mesmo, e tras agradecer aos membros do PSOE a súa postura, extendeu o...

Asiste á investidura do novo alcalde de Carnota

Casa do Concello de Carnota. Fonte: Galipedia . Mañá sábado, 11 de xuño, ás 12:00 horas da mañá no Salón de Actos do Concello de Carnota, vai ter lugar o Pleno Constituínte da nova Corporación Municipal 2011-2015 do Concello de Carnota, sesión durante a que os candidatos electos polas distintas forzas nas pasadas Eleccións Municipais do 22 de maio tomarán posesión das súas actas de concelleiros e concelleiras, e investirán ao novo alcalde de Carnota. A sesión é aberta ao público, polo que convidamos a todo o pobo de Carnota a que esté presente nun evento tan decisivo para o futuro do noso concello.

O alcalde de Carnota en funcións exprime ata o último minuto a maioría absoluta dilapidando recursos públicos

Oreiro revela o concepto de austeridade do PP O aínda alcalde de Carnota, José Oreiro, non parece disposto a abandonar a utilización partidista do erario público incluso despois de perder a maioría absoluta, tras sufrir o pasado día 22 unha severa perda de máis de 200 votos e dous concelleiros. Nin sequera o feito de non alcanzarse aínda un acordo entre o BNG e o PSOE para conformar un cambio de goberno serve de excusa ao señor José Oreiro para demostrar un atisbo de prudencia á hora de contratar obras, cancelar servizos e incluso emprender contratacións masivas de personal que vai ter que asumir o novo goberno que saia da sesión de investidura deste mesmo sábado. A Escola de Música deixa de sonar anticipadamente «como castigo electoral» A primeira cuestión que subscitou numerosas queixas dos usuarios foi o remate anticipado da Escola Municipal de Música, que os pais e nais dos alumnos interpretan como un castigo polos malos resultados obtidos polo Partido Popular nas urnas o pas...