Saltar ao contido principal

Publicacións

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

Eleccións Municipais no Concello de Carnota - Resultados por localidade

 BNG 2007     BNG 2011      PSOE 2007    PSOE 2011     PP 2007    PP 2011    CALDEBARCOS SAN MAMEDE CARNOTA LIRA LARIÑO O PINDO TOTAL 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 2007 2011 BNG 143 115 109 182 150 173 297 273 27 169 137 131 863 1043 PSOE 93 101 115 77 124 161 155 135 223 64 101 99 811 637 PP 148 137 379 337 498 373 221 218 118 121 225 197 1589 1383 Caldebarcos   Carnota  Lariño  Lira  O Pindo San Mamede

Carnota quere unha alternativa

O PP perde a maioría absoluta tras ceder dous concelleiros, mentras o BNG medra e sitúase a 343 votos da maioría O Bloque Nacionalista Galego rachou en Carnota coa tendencia alcista da dereita alcanzando un importante medre que o levou onte do 26 ao 33,5% dos sufraxios, obtendo un concelleiro máis que hai catro anos. O PP sufriu un severo retroceso de 203 votos, o que significa a perda de dous concelleiros con respecto ao escrutinio que lles outorgara a maioría absoluta no 2007. Outro duro pau foi para o PSOE, coa perda de case 200 apoios e un concelleiro. Polo lado máis positivo, a cita coas urnas rexistrou unha das participacións máis altas nos últimos anos, pois case 3 de cada 4 votantes quixeron exercer o seu dereito a voto. Ramón Noceda diríxese aos veciños durante o mitin de peche de campaña en Lira O BNG foi a primeira forza en Lira e Lariño, ficando moi poucos votos por debaixo do PP en Caldebarcos. Asi as cousas, o reparto do sistema d'Hondt arroxa unhas cifras de 5 ...

Intensa fin de semana con cheo tras cheo no Pindo, Carnota e Caldebarcos

O Bloque Nacionalista Galego desenvolviu esta fin de semana unha intensa axenda de actos públicos no noso concello para explicar o programa do futuro goberno que lle vai devolver o concello aos veciños. Máis dun cento de veciños do Pindo arrouparon ao Roxo e denunciaron o abandono municipal O primeiro acto da fin de semana foi o mitin do BNG de Carnota no colexio do Pindo, na tardiña do venres. Foi Consuelo Lamela , nº 18 da candidatura nacionalista, a encargada de abrir o acto. As palabras sinxelas mais convencidas de Consuelo arrancaron un dos aplausos máis fervorosos do máis dun cento de veciños que quixeron estar na escola. Betty Riveiro , moza do Pindo que asiste no décimo posto da lista do BNG de Carnota, tomou o relevo para, dirixíndose especialmente á mocidade, esixir de todas as institucións máis oportuinidades para mozas e mozos, para que como é o seu propio caso, deixen de ter que buscarse a vida fóra de Carnota. Merche Díaz , nº 2 da lista e actual portavoz municip...

O BNG suspende hoxe todos os actos electorais en solidariedade cos falecidos e damnificados polo terremoto de Lorca

O Bloque Nacionalista Galego suspende por hoxe a súa campaña eleitoral para mostrar o seu pesar pola traxedia de Lorca. Por tanto non vai ter lugar o encontro previsto para este tarde entre o BNG e mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo. O BNG querse dirixir especialmente ás familias e aos achegados das vítimas producidas polo terremoto para facerlles chegar a súa solidariedade. A formación nacionalista enviou un telegrama ao alcalde de Lorca para o facer partícipe da dor que no pobo galego ten producido este terríbel acontecimento.

Os portavoces nacional e de pesca do BNG reúnense mañá co sector mariñeiro do noso concello

Bieito Lobeira e Guillerme Vázquez Os referentes máis destacados do Bloque Nacionalista Galego non son alleos ás inquedanzas da sociedade carnotá, nin moito menos as dun colectivo tan fundamental da economía nacional e local como son as do colectivo mariñeiro e mariscador, e moi en especial os proxectos de turismo mariñeiro Pindo Mariño e Mar de Lira e sobre todo a Reserva Mariña de Lira que hai poucas semanas estivo ao borde da desaparición por culpa da falta de apoio institucional. Por iso Guillerme Vázquez , portavoz nacional do BNG, e Bieito Lobeira , portavoz de pesca ( quen elevara ao Parlamento a preocupación veciñal polo abandono da Reserva ), vanse achegar mañá, xoves 11 de maio a partir das 17:00 da tarde , ao noso concello para interesarse polas problemáticas e os proxectos dos mariñeiros e mariscadores de Lira e O Pindo. A visita comezará cunha recepción na Confraría do Pindo, desde onde partirán cara á Confraría de Lira para manter o encontro co sector, no que ta...

Coa forza da mocidade hai futuro en Carnota!

Galiza Nova da Costa da Morte vén de presentar en sociedade un impactante traballo audiovisual encamiñado a arengar á mocidade a implicarse nos problemas que lle afectan, comezando co seu apoio ás candidaturas do BNG o vindeiro 22 de maio pero extendendo este compromiso cun futuro mellor no día a día. Da gusto ver que en toda a comarca hai xente nova que decide dar a cara para axudar a cambiar o mundo no que viven, combatindo todas as calamidades destes tempos como paro, emigración, falta de oportunidades e de alternativas de lecer... que en Carnota alcanzan extremos insospeitados pola ausencia de políticas propias, o dispendio de recursos e tamén o clientelismo e partidismo en todas as contratacións. No video tivemos representación da mocidade carnotá a través de Nuria Pampín, Chema Riveiro, Iván Franco e Mario Maceiras, que nun ton constructivo chaman á xente nova a participar no deseño dun futuro mellor, con máis autoorganización, máis emprego e máis oportunidades para todos ind...