Saltar ao contido principal

Publicacións

Moncho Noceda será o candidato do BNG á alcaldía de Carnota

A militancia do BNG decidiu o pasado sábado que Ramón Noceda Caamaño (Lariño, 1954) sexa o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión adoptouse durante a última Asemblea Local que rexistrou a participación do 85% da militancia, e que tamén serviu para nomear as persoas que completarán os postos de saída da candidatura nacionalista nas vindeiras Eleccións Municipais, e que estará caracterizada pola profunda renovación, pola importantísima presenza de mulleres e por verse nela representadas todas as parroquias do municipio. “Traballamos”, adianta Ramón Noceda, “para presentarlle á veciñanza un equipo ilusionante, formado por persoas moi válidas e tamén moi coñecidas e queridas polos seus veciños, que deben ser quen de sacar o concello de Carnota adiante”. A respecto da actual situación en Carnota, afirma que “A crise fainos dano, pero non máis que a calquera concello da redonda; en cambio nós temos máis débeda, máis emigración e máis destrución de emprego e servizos. F...

O xesto do concello de Ames fai desconvocar a folga do lixo en Carnota

A pesar de que o Concello de Carnota deu as espaldas ás demandas dos traballadores de recollida do lixo , o que levou á folga indefinida neste servizo, finalmente puido producirse un achegamento entre as partes despois de que a corporación do Concello de Ames aprobara a moción dos traballadores de Servia, coa unanimidade dos votos de PP, BNG, e PSOE, adquirindo o compromiso de facerlle fronte aos pagos, cousa á que Carnota se negara días antes. Asi a folga foi inmediatamente desconvocada e sen traer consigo males maiores: os servizos mínimos e a propia responsabilidade dos traballadores posibilitou que no caso de Carnota apenas se notase un empeoramento do servizo e que case non se produciran os temidos episodios de amoreamentos de bolsas de lixo nas rúas do noso municipio. Afortunadamente a folga da recollida do lixo xa é historia, mais a actitude do goberno municipal segue a preocuparlle e moito aos veciños: En lugar de buscar solucións a un problema de tal transcendencia, o exec...

Folga indefinida na recollida do lixo de Carnota

A insensibilidade e os continuos impagos do goberno municipal levaron aos 150 traballadores da planta de tratamento de residuos de Servia (Lousame) a votar onte a favor da folga indefinida da recollida do lixo no concello de Carnota, pois a súa débeda, que se estima que ascenderá a un millón de euros a finais da lexislatura, ameaza seriamente a continuidade desta planta, considerada das máis limpas e eficientes do estado español. E todo a pesar dos intentos por evitalo do actual presidente da mancomunidade e alcalde de Muros, o nacionalista Domingos Dosil. Xa a finais de outubro Euloxio Franco, concelleiro do BNG de Carnota, advertira seriamente de que ou o goberno municipal se poñía as pilas ou "só será cousa de tempo ver por primeira vez en Carnota imaxes de bolsas de basura amoreadas na rúa durante meses". En vez de facerlle caso ás advertencias do BNG e atender as demandas destes traballadores (varios deles veciños de Carnota), o goberno preferiu ignorar o problema e...

Crean unha asociación para promover o Parque Natural do Monte Pindo

A asociación Monte Pindo Parque Natural botou a andar para reclamar desde a veciñanza o que a clase política non tivo a habilidade de liderar, que é nin máis nin menos que a causa en favor da declaración de parque natural para o Monte Pindo, símbolo deste municipio e tamén de toda a Costa da Morte. Xilberto Caamaño, recén elixido presidente, xa afirmaba na web da asociación que « ningún galego entendería que a Catedral de Santiago estivese abandonada, ou queimara cada dez anos; pois o Monte Pindo é a nosa catedral ». Boa mostra do que di é que nos seus primeiros pasos a causa xa suma arredor de 1.500 apoios por Internet, onde está presente en varias plataformas sociais, e avanza cara o medio centenar de socias e socios de todas as procedencias, segundo afirman desde a asociación, que inclúe na súa directiva a unha persoa de cada localidade, en total 11 vogalías territoriais, co que buscan garantir a pluralidade e a proximidade á veciñanza. O BNG de Carnota saúda esta idea á que exp...

A ruina do concello de Carnota pon en perigo o servizo de recollida de lixo

As débedas de varios concellos, destacando os 725 mil euros do executivo carnotán, sitúan ao borde do abismo a planta de tratamento de residuos máis eficiente do estado español Representantes do BNG dos nove concellos que in­tegran a mancomunidade Serra do Barbanza (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) re­uníronse en Noia para reivindicar a viabilidade económica e ambiental do plan­ta de Lousame, así como a súa aposta decidida polos sistemas de compostaxe para a xestión dos lixos, cuxo excelente funcionamento no caso de Servia o levou a obter diversos recoñecementos. De feito, todas as comparativas deixan en moi mal lugar a SOGAMA, o buque-insignia do modelo de xestión de residuos do PP: Servia é un 30% máis barato, contamina menos, recicla máis e mellor e tamén xera máis postos de traballo. Tal vez isto explique o empeño do PP en tratar de dificultar a súa supervivencia, sexa a nivel Xunta ou concellos: Servia é a demostración de que ...

O PP de Carnota está en contra de que Monte Pindo sexa parque natural; ao PSOE "nin lle vai nin lle vén"

Só o BNG votou no Pleno a favor dunha moción que significaría o apoio expreso do Concello de Carnota á declaración de Parque Natural A moción, presentada o 10 de setembro pola asociación xuvenil Galiza Nova (que leva semanas desenvolvendo unha intensa campaña de divulgación e apoio), solicitaba tres acordos fundamentais da corporación: manifestar o apoio expreso á iniciativa , pedir que a Xunta reúna o Observatorio Galego da Biodiversidade para tratar esta cuestión, e finalmente declarar o Monte Pindo Espazo Natural de Interese Local , máximo xesto posíbel da administración local e que amosaría o seu compromiso claro coa protección e desenvolvemento do Monte Pindo. Sorprendentemente, a Orde do día só incorporaba nun principio varias mocións do PP e do PSOE, mentras que outras dúas mocións quedaban no tinteiro (a citada de Galiza Nova e outra do BNG polo novo canon da auga ), sumándose a outras 13 (todas do BNG) que o goberno de Carnota ten no caixón desde hai meses. Finalmente, ...

A charla "Monte Pindo, parque natural!" amosa o entusiasmo de veciñanza e axentes sociais ante a iniciativa

A charla informativa aberta, organizada por Galiza Nova , congregou o pasado sábado no colexio do Pindo a máis de medio cento de veciños chegados desde todos os puntos do noso municipio e tamén de concellos limítrofes, que puideron descubrir a iniciativa na boca dos seus autores, tomar a palabra e tamén resolver todas as dúbidas. Abriu a charla Mario Maceiras , responsábel comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta de declaración de Parque Natural non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños adscritos a diversos colectivos cos membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só ao Monte Pindo e a Carnota senón a toda a Costa da Morte, en contraposición ao actual estado de abandono deste espazo. A cont...