A militancia do BNG decidiu o pasado sábado que Ramón Noceda Caamaño (Lariño, 1954) sexa o novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota. A decisión adoptouse durante a última Asemblea Local que rexistrou a participación do 85% da militancia, e que tamén serviu para nomear as persoas que completarán os postos de saída da candidatura nacionalista nas vindeiras Eleccións Municipais, e que estará caracterizada pola profunda renovación, pola importantísima presenza de mulleres e por verse nela representadas todas as parroquias do municipio. “Traballamos”, adianta Ramón Noceda, “para presentarlle á veciñanza un equipo ilusionante, formado por persoas moi válidas e tamén moi coñecidas e queridas polos seus veciños, que deben ser quen de sacar o concello de Carnota adiante”. A respecto da actual situación en Carnota, afirma que “A crise fainos dano, pero non máis que a calquera concello da redonda; en cambio nós temos máis débeda, máis emigración e máis destrución de emprego e servizos. F...