O BNG vai presentar ao Pleno municipal unha moción contra o «canon da auga» que o goberno de Feijóo pretende impoñer co Proxecto de Lei de Augas de Galiza. Esta norma vai supoñer aínda máis cargas impositivas sobre quen peor o está pasando nestes tempos, as familias e particulares, ao encarecer as taxas e suprimir exencións que xa existían. O claro obxectivo desta medida do PP é duplicar a recadación a conta do consumo de auga das galegas e dos galegos. Asi, unha persoa que viva soa e que consuma uns 3 m 3 de auga ao mes, verá como a carga tributaria do seu recibo da auga se incrementa en máis dun 363% ; con ese mesmo consumo unha familia de tres membros soportará un incremento do 171%. O proxecto tamén suprimirá as exencións tributarias existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes (todos os do noso concello), prexudicando especialmente aos veciños e veciñas do rural, que a partir de agora terán que pagar impostos incluso por usar a auga dos seus propios po...