Saltar ao contido principal

Publicacións

Revista A Moa nº 30 - Outono do 2009

Edición nº 30 correspondente ao outono de 2009 deste Voceiro local do BNG de Carnota. Sumario: Os fillos do alcalde súmanse ao saqueo Os despidos políticos de Carnota pagámolos todos e todas O PP, cómplice do peche da Caixa Galicia en Lira Só o BNG actuou ante o peche da Caixa do Pindo Case 3 anos de pasotismo e ineficacia municipal afogan aos veciños e veciñas de Carnota Novas breves O nacionalismo reforza o veto da Xunta para que as caixas galegas non sexan absorbidas por nengunha entidade foránea Novas relacionadas A Moa nº 29 (Especial Eleccións Galegas 1-M) A Moa nº 28 (inverno do 2008) Ver todas as edicións dispoñíbeis

Web recolle 14.000 casos de vítimas do franquismo, 24 deles en Carnota

O traballo de investigación conxunto da USC , UDC e UVIGO acaba de traducirse en Nomes e voces , unha páxina web na que poderedes consultar información sobre represaliadas e represaliados polo alzamento fascista dirixido por Francisco Franco contra o goberno republicano no ano 1936. Así presentan o proxecto na súa web : O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e pretende un estudo profundo e completo deses procesos. Estarrecedor é atopar xa a día de hoxe 14.000 casos en toda Galiza , con nomes, apelidos e outra información persoal. Pero máis aínda, se cabe, saber que en Carnota xa rexistran ata ...

O PP revélase cómplice do peche de Caixa Galicia en Lira

O BNG compareceu no pleno do pasado 29 de xuño, como anunciáramos , agardando a unión dos 3 grupos que conforman a corporación municipal, e tras ter presentado a moción redactada polos veciños contra o peche da Caixa Galicia en Lira, á que se sumou tamén o PSOE. Esta moción recollía literalmente todos os argumentos e as reivindicacións xa presentadas pola Plataforma veciñal aos máximos responsábeis da Caixa Galicia : o problema do envellecemento poboacional de Lira e Lariño, o problema do transporte a Carnota e Muros, o desenvolvemento dun turismo mariñeiro ( 1 , 2 ) e hostelería nacente, a pesca, comercio e industria local que se verían notoriamente afectados polo peche da oficina... daquela con obxectivo de sensibilizar á dirección da entidade sobre unha problemática que transcende os simples prexuízos económicos. Se ben o guión do Pleno apuntaba a recoller o debate e aprobación de dito escrito veciñal coas achegas que puideran acordarse, cal sería a nosa sorpresa cando, nada máis co...

Caixa Galicia dálle definitivamente a espalda aos veciños de Lira

Finalmente, e salvo un inesperado xiro dos acontecementos, Caixa Galicia vai pechar definitivamente a súa sucursal de Lira, deixando asi a centos de veciños sen os servizos que a única entidade entre Muros e Carnota viña prestando. A noticia foi confirmada na mañá de onte polos portavoces veciñais, tras unha reunión co delegado de zona de Caixa Galicia, Xoán Carneiro. Facendo balanzo de todo o acontecido durante esta semana e media, só podemos quitarnos o sombreiro ante a capacidade de resposta da veciñanza , que demostrou unha madurez e unha seriedade exemplar ante unha situación inxusta: Varias concentracións ( unha delas nas portas da sede central de Caixa Galicia na Coruña), unha recollida de sinaturas virtual e en papel con máis de mil apoios recabados, e mesmo un activo e nutrido grupo de apoio na rede social Facebook , aínda que nada foi dabondo para influír nunha decisión que parecía levar tempo tomada. Porén, non debemos caer no erro de pensar que tanto esforzo non valeu par...

As protestas dos veciños de Lira chegan á Coruña

Esta mañá un cento de veciños achegáronse en autobuses ata a central da Caixa Galicia na cidade da Coruña (rúa Nova con San Andrés). O obxectivo era elevar ata a mesmísima sede da entidade bancaria a contrariedade dos veciños de Lira e Lariño pola decisión de clausurar a sucursal de Lira , cos graves prexuízos que suporá a todos os veciños o feito de ter que desprazarse ata outras sucursais, as máis próximas situadas en Carnota e Muros. Os portavoces dos veciños Pedro Balayo Caamaño e Antón Xoubanova Yermo foron recibidos arredor das 11:00 horas polo director xeral adxunto da sede central ao que lle entregaron máis de mil firmas dos veciños, tras o que lle explicaron as repercusións desta medida sobre a vida de centos -cando non miles- de veciños de Carnota, criticaron que a decisión se adoptase dunha semana para outra e pediron que non se eliminara este servizo de Lira. Á saída da reunión, Pedro Balayo explicoulle aos veciños que se conseguira o compromiso de resposta oficial de C...

Caixa Galicia pecha en Lira mentres o alcalde mira para outro lado

A entidade bancaria acaba de anunciar o peche da sucursal de Lira, que se suma asi ao da entidade do Pindo hai uns seis meses. O que se alega para esta decisión extrema é a insubstentabilidade da sucursal, dando asi unha preocupante mostra de desinterese polas repercusións reais desta medida sobre a vida da nosa veciñanza: operacións relacionadas con pensións, nóminas, recibos domiciliados, ademais do caixeiro automático, en adiante requerirán do desprazamento a Carnota ou a Muros, o que implicaría o uso de automóbil e suporía un práctico impedimento para moitos veciños, nomeadamente para os nosos maiores e os que non teñan carné de conducir. O máis curioso chega á hora de revisar os estatutos da entidade: Artigo 1, apartado 2: CAJA DE AHORROS DE GALICIA, ajena a fines de lucro , orientará su actividad primordialmente al servicio de Galicia. Entenderemos por servizo a Galiza e sen fins de lucro o feito de pechar unha sucursal no rural porque non é rendíbel economicamente ? O B...

863 voces silenciadas

Os concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Carnota compareceron hoxe no pleno extraordinario municipal portando camisolas co texto "863 voces silenciadas " (en referencia aos votos que obtivo o BNG nas últimas eleccións municipais) e as bocas tapadas con esparadrapo coas siglas "PP" , sendo ao pouco tempo expulsados polo alcalde José Oreiro, tal e como acontecera no último pleno da vergoña . O BNG protestou deste xeito polo recurte das liberdades democráticas na vida política de Carnota desde que o PP accedeu ao poder: Negativa absoluta a facilitar todo tipo de documentación da entidade local, obstaculización das mocións e propostas do BNG, redución dos plenos ordinarios ata rozar a ilegalidade, incremento das sesións extraordinarias (onde non se permite á oposición presentar mocións nin rogos e preguntas), e por último a expulsión dos concelleiros do BNG do pasado pleno ordinario por difundir entre a veciñanza datos recollidos literalmente da proposta orzamen...