Saltar ao contido principal

Publicacións

O PP revélase cómplice do peche de Caixa Galicia en Lira

O BNG compareceu no pleno do pasado 29 de xuño, como anunciáramos , agardando a unión dos 3 grupos que conforman a corporación municipal, e tras ter presentado a moción redactada polos veciños contra o peche da Caixa Galicia en Lira, á que se sumou tamén o PSOE. Esta moción recollía literalmente todos os argumentos e as reivindicacións xa presentadas pola Plataforma veciñal aos máximos responsábeis da Caixa Galicia : o problema do envellecemento poboacional de Lira e Lariño, o problema do transporte a Carnota e Muros, o desenvolvemento dun turismo mariñeiro ( 1 , 2 ) e hostelería nacente, a pesca, comercio e industria local que se verían notoriamente afectados polo peche da oficina... daquela con obxectivo de sensibilizar á dirección da entidade sobre unha problemática que transcende os simples prexuízos económicos. Se ben o guión do Pleno apuntaba a recoller o debate e aprobación de dito escrito veciñal coas achegas que puideran acordarse, cal sería a nosa sorpresa cando, nada máis co...

Caixa Galicia dálle definitivamente a espalda aos veciños de Lira

Finalmente, e salvo un inesperado xiro dos acontecementos, Caixa Galicia vai pechar definitivamente a súa sucursal de Lira, deixando asi a centos de veciños sen os servizos que a única entidade entre Muros e Carnota viña prestando. A noticia foi confirmada na mañá de onte polos portavoces veciñais, tras unha reunión co delegado de zona de Caixa Galicia, Xoán Carneiro. Facendo balanzo de todo o acontecido durante esta semana e media, só podemos quitarnos o sombreiro ante a capacidade de resposta da veciñanza , que demostrou unha madurez e unha seriedade exemplar ante unha situación inxusta: Varias concentracións ( unha delas nas portas da sede central de Caixa Galicia na Coruña), unha recollida de sinaturas virtual e en papel con máis de mil apoios recabados, e mesmo un activo e nutrido grupo de apoio na rede social Facebook , aínda que nada foi dabondo para influír nunha decisión que parecía levar tempo tomada. Porén, non debemos caer no erro de pensar que tanto esforzo non valeu par...

As protestas dos veciños de Lira chegan á Coruña

Esta mañá un cento de veciños achegáronse en autobuses ata a central da Caixa Galicia na cidade da Coruña (rúa Nova con San Andrés). O obxectivo era elevar ata a mesmísima sede da entidade bancaria a contrariedade dos veciños de Lira e Lariño pola decisión de clausurar a sucursal de Lira , cos graves prexuízos que suporá a todos os veciños o feito de ter que desprazarse ata outras sucursais, as máis próximas situadas en Carnota e Muros. Os portavoces dos veciños Pedro Balayo Caamaño e Antón Xoubanova Yermo foron recibidos arredor das 11:00 horas polo director xeral adxunto da sede central ao que lle entregaron máis de mil firmas dos veciños, tras o que lle explicaron as repercusións desta medida sobre a vida de centos -cando non miles- de veciños de Carnota, criticaron que a decisión se adoptase dunha semana para outra e pediron que non se eliminara este servizo de Lira. Á saída da reunión, Pedro Balayo explicoulle aos veciños que se conseguira o compromiso de resposta oficial de C...

Caixa Galicia pecha en Lira mentres o alcalde mira para outro lado

A entidade bancaria acaba de anunciar o peche da sucursal de Lira, que se suma asi ao da entidade do Pindo hai uns seis meses. O que se alega para esta decisión extrema é a insubstentabilidade da sucursal, dando asi unha preocupante mostra de desinterese polas repercusións reais desta medida sobre a vida da nosa veciñanza: operacións relacionadas con pensións, nóminas, recibos domiciliados, ademais do caixeiro automático, en adiante requerirán do desprazamento a Carnota ou a Muros, o que implicaría o uso de automóbil e suporía un práctico impedimento para moitos veciños, nomeadamente para os nosos maiores e os que non teñan carné de conducir. O máis curioso chega á hora de revisar os estatutos da entidade: Artigo 1, apartado 2: CAJA DE AHORROS DE GALICIA, ajena a fines de lucro , orientará su actividad primordialmente al servicio de Galicia. Entenderemos por servizo a Galiza e sen fins de lucro o feito de pechar unha sucursal no rural porque non é rendíbel economicamente ? O B...

863 voces silenciadas

Os concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Carnota compareceron hoxe no pleno extraordinario municipal portando camisolas co texto "863 voces silenciadas " (en referencia aos votos que obtivo o BNG nas últimas eleccións municipais) e as bocas tapadas con esparadrapo coas siglas "PP" , sendo ao pouco tempo expulsados polo alcalde José Oreiro, tal e como acontecera no último pleno da vergoña . O BNG protestou deste xeito polo recurte das liberdades democráticas na vida política de Carnota desde que o PP accedeu ao poder: Negativa absoluta a facilitar todo tipo de documentación da entidade local, obstaculización das mocións e propostas do BNG, redución dos plenos ordinarios ata rozar a ilegalidade, incremento das sesións extraordinarias (onde non se permite á oposición presentar mocións nin rogos e preguntas), e por último a expulsión dos concelleiros do BNG do pasado pleno ordinario por difundir entre a veciñanza datos recollidos literalmente da proposta orzamen...

O alcalde convoca un pleno para darse o gusto de expulsar ao BNG

Sen ter recibido a información en tempo e forma, o BNG tivo que asistir "a cegas" ao pleno convocado onte polo goberno municipal. Logo dun fugaz sorteo dos compoñentes das mesas electorais para as vindeiras eleccións europeas (tan atropelado que nin sequera comunicaron os nomes resultantes), o alcalde José Oreiro deu paso a un dos espectáculos políticos máis vergonzosos que se lembren en Carnota : A reprimenda do PP ao BNG por ter difundido os desorbitados salarios que o goberno do PP de Carnota vai a percibir segundo recollen os orzamentos que acaban de presentar e aprobar en solitario. Tras unha intervención monológuica do alcalde e dos seus números 2 e 3, repleta de ataques contra o BNG e negándolle aos nosos concelleiros toda posibilidade de intervir ou defenderse por moito que a pediran, o alcalde, visibelmente alterado, rematou ordenando á policía municipal que expulsara da sesión aos concelleiros do BNG . Desde o BNG manifestamos que o PP acaba de cruzar a delicada b...

O alcalde súmase ao saqueo do concello

Non foi quen de manter o engano por máis tempo (e iso que xa enganaba a poucos). O alcalde de Carnota decidiu quitarse a carauta e apuntarse coa excusa dos presupostos ao saqueo do concello no que os seus compañeiros de filas xa levan dedicando case 2 anos. Antecedentes de feito Imos facer un exercicio de memoria. Hai un ano que o PP de Carnota decidiu cambiar a súa tradicional crítica aos “excesivos” soldos que percibían alcalde e tenente de alcalde no anterior goberno municipal, e abriu a caixa forte do municipio a canto amigo quixera meter a man. Daquela poucos rexeitaran a xenerosa oferta: 30.000€ anuais a dous concelleiros, 38.000€ ao alcalde, e 2.000€ mensuais a unha amiga que pasaba por alí (tamén chamada Administrativa de apoio á a lcaldía ) e que pasou a cobrar case desde o primeiro día tanto ou máis que o funcionario de maior antigüidade no municipio. Por desgraza para eles, o BNG non tardara en denunciar o chollo nin en facerlle saber aos veciños que o PP duplicara o soldo...