Saltar ao contido principal

Publicacións

O alcalde súmase ao saqueo do concello

Non foi quen de manter o engano por máis tempo (e iso que xa enganaba a poucos). O alcalde de Carnota decidiu quitarse a carauta e apuntarse coa excusa dos presupostos ao saqueo do concello no que os seus compañeiros de filas xa levan dedicando case 2 anos. Antecedentes de feito Imos facer un exercicio de memoria. Hai un ano que o PP de Carnota decidiu cambiar a súa tradicional crítica aos “excesivos” soldos que percibían alcalde e tenente de alcalde no anterior goberno municipal, e abriu a caixa forte do municipio a canto amigo quixera meter a man. Daquela poucos rexeitaran a xenerosa oferta: 30.000€ anuais a dous concelleiros, 38.000€ ao alcalde, e 2.000€ mensuais a unha amiga que pasaba por alí (tamén chamada Administrativa de apoio á a lcaldía ) e que pasou a cobrar case desde o primeiro día tanto ou máis que o funcionario de maior antigüidade no municipio. Por desgraza para eles, o BNG non tardara en denunciar o chollo nin en facerlle saber aos veciños que o PP duplicara o soldo...

O goberno de Carnota responde á crise dilapidando personal e recursos

Non podemos deixar de abraiarnos coa irracional política de personal que vén desenvolvendo o actual goberno de Carnota nun dos contextos económicos máis delicados da etapa democrática. Os traballadores, sexan do sector público ou da empresa privada, desempregan un determinado traballo polo que reciben unha retribución. Ao noso entender, o traballo dignifica ás persoas que o exercen posto que ademais de supoñer progreso e realización individual é a base do progreso e do benestar colectivo. Xa referíndonos estrictamente aos entes públicos (e xa non digamos os concellos, institución pública máis próxima á cidadanía) deben levar unha política de contratación e de xestión do persoal axeitada para garantir a execución da función pública que lles é encomendada. Nos 2 anos que leva o PP no timón de Carnota o único que fixo é aplicar o rodillo nas contratacións, dilapidando sen ningún criterio obxectivo os recursos humanos e os fondos públicos dos que ata agora dispoñía o concello. Para que ...

Eleccións 1-M: Carnota desafía a tendencia xeral

A perda dun deputado na provincia de A Coruña foi suficiente para que a coalición BNG-PSOE non puidese revalidar o goberno da Xunta. As marxes demóstranse cada vez máis axustadas nas eleccións autonómicas, asi coma a relevancia da campaña electoral nos resultados finais, pois practicamente ningunha enquisa previa deixaba ao PP nin de lonxe na maioría. Desde esta páxina web felicitamos ao Partido Popular polo seu éxito e animamos a todas e todos os novos deputados galegos a poñerse a traballar coa maior dilixencia posíbel para afrontarmos os retos que agardan a Galiza a todos os niveis nos difíciles tempos que se achegan, se ben queremos amosar a nosa preocupación por algunhas das belixerantes medidas anunciadas por destacados membros do PP antes mesmo de tomar posesión, que agardamos só sexan debidas á euforia postelectoral polo inesperado tombo do goberno galego. Pola nosa parte, e xa en clave local, o máis destacábel é que a pesar da tendencia alzista dos conservadores a nivel nacion...

Revista A Moa nº 29 - Especial eleccións 1-M

Edición nº 29 da Moa, voceiro local do BNG de Carnota, correspondente a un especial electoral monográfico polas Eleccións Galegas do 2009, lanzado en febreiro deste ano. Sumario: • Entrevista con Anxo Quintana, candidato á presidencia da Xunta • Un programa para ter máis avances e máis futuro • Entrevista con Ana Pontón, candidata número 2 pola Coruña • Queremos catro anos máis de aposta por Carnota Revista A Moa nº 29 - Especial eleccións 1-M Novas relacionadas A Moa nº 28 (inverno do 2008) A Moa nº 27 (verán do 2008) Ver todas as edicións dispoñíbeis

Nunca máis a dúas velas

Carnota vén de botar 2 días con cortes de luz continuos por mor do forte temporal, cos conseguintes prexuizos para a vida veciñal e económica. E hoxe entra na noso País un novo temporal , co que a ameaza volve a cernirse sobre os nosos tellados. Aproveitando o contexto, certos medios de comunicación tratan de arroxar as lóxicas críticas dos cidadáns contra o goberno galego, e particularmente contra o BNG, como se fose culpábel de todo o que se fixo mal durante 16 anos. O que poucos din é que a inmensa potencialidade enerxética que ten o noso País se adxudicou ata agora «a dedo», sen contar en ningún momento coas necesidades dos cidadáns que acolleron no seu entorno instalacións eólicas ou hidráulicas. No mellor dos casos, só lles tocou unha esmola ridícula aos propietarios dos terreos sobre os que eses muíños se asentaban físicamente, sen ningún outro rédito sobre a vida veciñal. Hoxe grazas ao BNG está no prelo un concurso eólico que por primeira vez trata de que os beneficios da prod...

Anxo Quintana e Teresa Táboas visitan o Centro de día de Pedramarrada e as casetas de Caldebarcos

O pasado venres Carnota recibiu a visita dunha comitiva de membros de áreas da Xunta xestionadas polo B NG , para interesarse polos diversos proxectos postos en marcha no noso concello. A comitiva estivo encabezada polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana , que estivo acompañado en todo momento polos membros do Grupo Municipal do BNG. Estes aproveitaron a ocasión para transmitirlle ao vicepresidente e candidato do BNG a presidir a Xunta diversas iniciativas dos seus compañeiros nacionalistas de Carnota e dos veciños, asi coma impulsar os proxectos aprobados na anterior lexislatura ( Galescola , Residencia , Parque empresarial ...) que a actual conxuntura política local impediu que teñamos xa en funcionamento. A pé de portiño, revista e sorpresa Tampouco fallou á cita con Carnota a conselleira de Vivenda e Solo , Teresa Táboas , nin a directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero , asidua visitante e amante do noso concello, que quixeron ver de preto os traba...