Saltar ao contido principal

Publicacións

Tomás Freire sufre un accidente de tráfico

Na noite de onte, o portavoz municipal do BNG e actual líder da oposición Tomás Freire sufriu unha severa colisión fronto-lateral con outro vehículo á altura de Esteiro, cando se dirixía ao seu fogar. A pesar da aparatosidade do accidente, que mesmo requeriu a intervención dos bombeiros para extraelo dos restos do seu automóbil, afortunadamente o noso compañeiro non sufriu maiores danos que unha fractura no fémur dunha perna e lixeiras contusións. Está prevista a súa intervención ao longo do día de hoxe, mais a súa situación está fóra da gravidade. Desde o BNG de Carnota, unha forte aperta e todo o noso ánimo ao noso compañeiro Tomás, coa firme seguridade de que axiña estará de novo ao noso lado. Sobrecolledora imaxe do vehículo de Tomás despois do i mpacto. Fonte: A Voz Lugar da colisión, na entrada de Esteiro

Só cinco alcaldes en todo o estado español acaparan tamén acta de deputado no Congreso

Só en catro concellos de todo o estado se está a producir actualmente unha situación coma a de Carnota, na que o alcalde se ve obrigado a delegar as súas funcións municipais durante parte da semana debido á súa acta de deputado no Congreso. Ademais do caso do popular José Oreiro en Carnota, dous alcaldes máis do PP atópanse na mesma situación: Ángeles Muñoz en Marbella, e José Folgado en Tres Cantos (Madrid). Os outros casos son Ana Oramas, de Coalición Canaria, rexedora en La Laguna (Tenerife), e Rosa Apolonio, do PSOE, en Montilla (Córdoba). Esta situación está a provocar unha polémica de certa repercusión pola peculiaridade de ser Marbella (125.000 habitantes) un dos municipios afectados. Xa diversas forzas políticas -incluíndo o PP- manifestaron as súas dúbidas sobre a ideonidade de que unha mesma persoa acapare os cargos de alcalde dun municipio e deputado na Cámara Baixa. As críticas do grupo popular chegaron logo de que o alcalde de Madrid, Ruíz Gallardón, anunciara estes días a...

José Oreiro sufre un desgraciado accidente

O líder do PP e novo alcalde de Carnota José Oreiro sufriu onte unha severa caída polas escaleiras nunha cafetería de Carnota, coas lamentábeis consecuencias de fracturas múltiples, ademais dunha pequena conmoción cerebral. Desde o BNG de Carnota queremos manifestar o noso pesar por este desafortunado accidente, transmitirlle a José Oreiro o noso ánimo nestes momentos dificiles e desexarlle unha pronta recuperación e reincorporación á actividade política.

Contar polos dedos (avanzo da Moa nº 24)

O PP, durante os oito anos que estivo na oposición, non se cansaba de dicir que o Concello de Carnota estaba arruinado. Durante a campaña un dos seus eixos principais foi dicir que o Concello estaba arruinado. E cando acadou á alcaldía, segueu co mesmo conto. A calquera que lle entra pola porta o primeiro que lle di é que o Concello de Carnota está arruinado. Di que está arruinado pero non di por qué, e é que as cifras non son o seu. Será que o Concello non ten cartos? O Goberno saínte deixoulle 147.000 euros montantes na caixa. Será que os proveedores non cobraban cunha relativa regularidade? Cando menos non deixamos xerada unha alarma de falta de pago como o PP deixou hai 8 anos. Será que o Concello ten unha cantidade de débedas que non poida asumir? O Consello de Contas de Galiza, que é o máximo órgano fiscalizador dos concellos, puxo ao Concello de Carnota como un dos exemplos galegos de boa xestión financieira, tal e como foi publicado na prensa . Tamén é curioso o feito de que no...

Como cambia o goberno a un: Reaccións ao problema das gardas médicas

As primeiras andainas deste novo goberno municipal non podían ser máis desalentadoras. Como a maioría xa sabedes, dous centros médicos do noso concello (a Casa do Mar de Lira e o do Pindo) atopáronse coa obriga de cesar temporalmente a súa actividade debido ás respeitivas baixas dos seus facultativos. De feito, esta problemática víñase repetindo nos últimos anos, se ben as súas repercusións foron nulas en canto ao grao de atención médica que recibiron os nosos veciños, grazas ás atinadas xestións do daquela alcalde nacionalista Xosé Manuel García Martínez con todos os órgaos competentes. Este ano, a problemática habitual das gardas médicas acadou tintes críticos, derivando no cese de funcionamento da atención médica nas dúas localidades mencionadas, o que supuxo unha situación inaudita en canto aos servizos médicos dos veciños de Lira e O Pindo e o consecuente despilfarro de recursos da administración debido aos demais especialistas que si seguiron activos nese tempo pero carentes de c...

Democracia plenaria?

O pasado venres, a partir das 20:00h, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota o segundo pleno desta lexislatura. Para sorpresa dos membros do BNG na corporación municipal e de moitos dos asistentes, ningún dos puntos da orde do día tratou a controvertida cuestión das gardas médicas, que mesmo fora motivo do primeiro bando municipal do novo goberno popular, e que dera lugar ao apoio do grupo do PP á concentración organizada por varios veciños ás portas do Centro Médico de Carnota, tan só un día antes do pleno. Porén, o pleno centrouse en cuestións orgánicas (como a aprobación das taxas do Saneamento) que non supoñían a priori demasiadas tensións entre o goberno e unha oposición sosegada que mesmo apoiou algúns puntos como a axuda pola natalidade. Sen embargo, isto non impediu que volvera a producirse a lamentábel actitude autoritaria do novo alcalde José Oreiro da que xa tivéramos varias mostras tanto no primeiro pleno como na toma de posesión, á que nese momento non déramos...

O BNG lamenta a perda de servizos médicos en Lira e o Pindo

Visto o transcurrir dos feitos acontecidos durante os últimos días, desde o BNG de Carnota só nos cabe lamentar a redución dos servizos médicos en dúas das localidades máis poboadas do noso concello -Lira e O Pindo- ao non haber substitutos para cubrir as ausencias temporais dos facultativos de ambos os centros médicos e agravándose no caso desta última parroquia por levaren xa sen médico de cabeceira desde a derradeira semana de xuño. Esta carencia exténdese tamén ao Servizo de Pediatría. Esta situación é inaudita no noso concello, e prodúcese xusto nun dos peores momentos posíbeis pola chegada masiva de turistas estivais. Esta época particular, unido ao envellecemento da poboación residente e a gran dispersión existente, converte en crítica a día de hoxe a situación dos servizos médicos no noso concello. Hai poucos días puxémonos en contacto con Manolo García -rexedor nacionalista de Carnota ata maio, agora reincorporado ao seu emprego como doutor- e informounos de que a posibilidad...