O pasado martes tivo lugar o mitin do BNG na parroquia de Lariño. Foi no novo Centro Cultural da localidade nun acto presentado pola candidata nº 5 Consuelo Lamela. De seguido intervén o mozo veciño de Lariño e nº 7 da candidatura do BNG Guillerme Lago, cun discurso plagado de referencias á difícil situación dos mozos do noso concello con dificultades para atopar traballo e que mesmo se ven obrigados a saír a buscalo fóra, situación que grazas ao compromiso e esforzo do BNG está comezando a mudar por fin. Os datos, de feito, son esperanzadores: se ben durante os catro anos no goberno de Oreiro (PP) se produciu o maior fenómeno migratorio masivo dos tempos recentes, e as cotas de paro se elevaban ata o 13%, hoxe estamos a percibir unha inversión desta tendencia e logo de oito anos de goberno nacionalista a mocidade está a comezar a vislumbar as condicións óptimas para o seu retorno, e cun paro situado agora no 8% segundo o Instituto Galego de Estadística, o que supón un dos maiores desc...