Medio Rural inviste preto de 7,5 millóns de euros en diversas actuacións forestais no distrito de Fisterra. A Consellaría do Medio Rural, a través de distintos plans e ordes de axudas, está a executar obras forestais no distrito V – Fisterra por un total de 7.418.564 euros. O director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco, desprazouse esta mañá a Carnota para participar nunha plantación feita por escolares no monte Lariño e visitar diferentes zonas deste concello no que se están a executar obras correspondentes a estes investimentos. Durante esta visita, Alberte Blanco destacou que “estamos a falar dun orzamento moi elevado, tendo en conta que a maioría dos fondos destinados á provincia da Coruña se concentran en actuacións neste distrito, aos que haberá que sumarlle os 280.000 euros correspondentes aos convenios cos oito concellos asinantes para a limpeza de núcleos, e os convenios que se asinarán nas vindeiras semanas para desbroce e motobombas, o que nos situará pre...