Para quen desenvolve a súa vida habitualmente no concello de Carnota, Tomé Freire non é ningún descoñecido. Ademais dos seus catro anos (1999-2003) de concelleiro de Economía e Facenda dos que deixou un excelente recordo entre a veciñanza pola súa dedicación, seriedade e proximidade ao pobo, tamén é de moi a ter en conta a súa absoluta implicación no movemento asociativo do noso concello. O noso veciño Tomé Freire naceu en Lira e ten 39 anos. Casado e con dous fillos, é licenciado en Ciencias Empresariais, e traballou a meirande parte da súa vida como técnico na administración local, o que lle confire unha altísima bagaxe de coñecementos das singularidades da xestión municipal que tivo a ocasión de demostrar sobradamente durante os seus catro anos de concelleiro polo BNG en Carnota, no que se erixiu como primeiro artífice da recuperación da extremadamente delicada situación económica do noso concello que o BNG recibiu como vergonzosa herdanza da anterior xestión do Partido Popular. Gra...