Saltar ao contido principal

Publicacións

Sete anos de apoio aos diabéticos

O pasado sábado ás 9:00 horas deu comezo unha xornada chea de actividades dirixidas ao colectivo de persoas aqueixadas de diabetes, organizada pola Concellería de Muller, Servizos Sociais, Educación, Formación e Desenvolvemento Local. Durante toda a mañá, tiveron lugar diversas charlas por parte da concelleira Merche Díaz, a especialista Teresa Lord, a Deputada Provincial do Benestar Social Margarida Vázquez Veras, ademais do propio alcalde de Carnota e médico de profesión, Manolo García. Logo ofreceuselles aos asistentes un xantar especial para os diabéticos. Pola tarde desenvolvéronse diversos talleres e actividades formativas. Participaron un grupo de máis de corenta persoas que teñen problemas coa enfermidade. Precisamente esta Xornada pretende servir de instrumento de apoio do Concello ao colectivo diabético, para axudalos a levar con normalidade a súa afección. Xa van sete anos nos que, coincidindo coa chegada do BNG á alcaldía, o Concello de Carnota desenvolve esta iniciativa d...

As travesías do mar, a forza da solidariedade

Hoxe dan comezo as VII Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional de Carnota , organizadas pola Asociación Cultural Canle de Lira . Esta iniciativa dedícanse cada ano a unha temática diferente de interese tradicional, como foron xa en edicións anteriores pesca tradicional, arquitectura popular, cultura oral... logrando en este tempo posicionarse como unha cita moi esperada con impaciencia por veciños e tamén por moitos interesados polo noso patrimonio tradicional, tanto de Galiza como de fóra. Desta volta o turno será para as travesías marítimas e os diferentes afundimentos rexistrados nestas costas. Sob o lema A memoria do Ariete e outras travesías , as Xornadas darán comezo ás 17:00 da tarde de hoxe venres 23, día dedicado ás Travesías do tempo . Tres expertos de diferentes universidades debullarán no Salón de Actos do Concello a importancia das viaxes náuticas durante a prehistoria de Galiza. Este mesmo día, xa ás 21:30 horas, celebrarase unha sardiñada popular en Mar de Lira. N...

Nova web do BNG de Carnota

Infórmamos que acabamos de botar a andar a sección correspondente ao BNG de Carnota dentro da páxina web nacional do BNG. Para achar calquera información de actualidade sobre o BNG de Carnota, dos membros ou do traballo do grupo de goberno municipal, invitámoste a consultar a nova web, sita no enderezo www.bng-galiza.org/carnota , tamén accesíbel desde a sección de ligazóns da web principal. Por conseguinte damos esta páxina por clausurada. Grazas polo teu interese.

Antón, compañeiro, descansa en paz

Na madrugada de hoxe finou Antón Caamaño (Antón do Corenteno), a consecuencia dunha enfermidade dexenerativa. Antón militou no BNG desde sempre, chegando a ostentar o cargo de concelleiro nacionalista no Concello de Carnota durante varios anos, ademais dunha intensa actividade social e política (especialmente na Asemblea local do BNG de Carnota) durante toda a súa vida, da que adicou gran parte aos seus compañeiros e viciños, ata os seus derradeiros alentos. Antón, excelente compañeiro e amigo, nunca te esqueceremos!

Asemblea local

A Asemblea Local do BNG de Carnota queda definitivamente convocada para o vindeiro sábado 21 de Outubro. A convocatoria foi efectuada por vía postal, a recibiredes en breve. Un saúdo.

Grave accidente laboral na Ferroatlántica

Unha vez máis a lacra dos accidentes laborais golpea no corazón da nosa comarca. Os feitos producíronse na factoría Ferroatlántica de Cee, tras rexistrarse unha explosión nun dos seus fornos ás 21 horas do xoves, que se saldou con tres traballadores feridos por queimaduras, e que presuntamente se atopaban reparando unha avería no mesmo. Segundo as últimas informacións, o prognóstico dos tres traballadores é o de "moi grave". Desde o BNG de Carnota queremos manifestar toda a nosa solidariedade cos traballadores lesionados e as súas familias, e os nosos desexos que este tipo de accidentes non volvan a repetirse, instando ás autoridades competentes a facer cumprir dunha vez por todas coa lexislación en materia de seguranza laboral, despois da omisión/ocultación do gravísimo problema da precariedade en Galiza que o anterior governo da Xunta levou a cabo.