Saltar ao contido principal

Publicacións

Nova web do BNG de Carnota

Infórmamos que acabamos de botar a andar a sección correspondente ao BNG de Carnota dentro da páxina web nacional do BNG. Para achar calquera información de actualidade sobre o BNG de Carnota, dos membros ou do traballo do grupo de goberno municipal, invitámoste a consultar a nova web, sita no enderezo www.bng-galiza.org/carnota , tamén accesíbel desde a sección de ligazóns da web principal. Por conseguinte damos esta páxina por clausurada. Grazas polo teu interese.

Antón, compañeiro, descansa en paz

Na madrugada de hoxe finou Antón Caamaño (Antón do Corenteno), a consecuencia dunha enfermidade dexenerativa. Antón militou no BNG desde sempre, chegando a ostentar o cargo de concelleiro nacionalista no Concello de Carnota durante varios anos, ademais dunha intensa actividade social e política (especialmente na Asemblea local do BNG de Carnota) durante toda a súa vida, da que adicou gran parte aos seus compañeiros e viciños, ata os seus derradeiros alentos. Antón, excelente compañeiro e amigo, nunca te esqueceremos!

Asemblea local

A Asemblea Local do BNG de Carnota queda definitivamente convocada para o vindeiro sábado 21 de Outubro. A convocatoria foi efectuada por vía postal, a recibiredes en breve. Un saúdo.

Grave accidente laboral na Ferroatlántica

Unha vez máis a lacra dos accidentes laborais golpea no corazón da nosa comarca. Os feitos producíronse na factoría Ferroatlántica de Cee, tras rexistrarse unha explosión nun dos seus fornos ás 21 horas do xoves, que se saldou con tres traballadores feridos por queimaduras, e que presuntamente se atopaban reparando unha avería no mesmo. Segundo as últimas informacións, o prognóstico dos tres traballadores é o de "moi grave". Desde o BNG de Carnota queremos manifestar toda a nosa solidariedade cos traballadores lesionados e as súas familias, e os nosos desexos que este tipo de accidentes non volvan a repetirse, instando ás autoridades competentes a facer cumprir dunha vez por todas coa lexislación en materia de seguranza laboral, despois da omisión/ocultación do gravísimo problema da precariedade en Galiza que o anterior governo da Xunta levou a cabo.

Terrorismo forestal

Na tardiña do pasado domingo 21 iniciouse un lume enriba de O Pindo. Pouco tempo despois alertouse dun foco preto do lugar de San Cibrán. A medianoite, un novo foco iniciouse nos montes de Lira. Tres días despois, O noso Concello está en boca de toda España, e novamente por outra desgraza que tingue de negro a nosa natureza, con lugares desaloxados, casas e cubertos calcinados e máis da metade da superficie forestal municipal absolutamente arrasada. De feito, de norte a sur, comezando pola mesma desembocadura do Xallas que da a benvida ao noso Concello ata o Ancoradoiro que da comezo ao colindate Concello de Muros, todo foi pasto das lapas excepto o tramo de monte entre Lira e San Mamede. Os focos sempre comezan xunto a pistas forestais, en lugares estratéxicos e de relativo difícil acceso, a entrada da noitiña -xusto cando os medios aéreos deixan de ser úteis-, cordinados e incluso valéndose dos ventos para cumprir cos seus davastadores obxectivos; o que ademais de facernos ver a inte...

E desta foi!

Tralo sonoro retroceso do PP entre o seu "feudo ausente", as negociacións entre as dúas maiores forzas de progreso de Galiza parece que comezan a fructificar, de feito case con total seguridade podemos afirmar que imos ter cambio de goberno configurado por unha coalición socialista-nacionalista, e o que é máis importante, cambio de formas e de fondo. Mentres tanto, outros seguen ao seu, como se nada pasara: (...) En lugar de prepararse para una entrega fluida del aparato de gobierno (...) el Ejecutivo de Manuel Fraga parece empeñado en apurar hasta el final los privilegios del poder. (...) no ha habido apenas un día en que el Diario Oficial de Galicia haya dejado de anunciar apresuradas convocatorias de concursos públicos, adjudicaciones de contratos o nombramientos de funcionarios para puestos de responsabilidad (...) desde cuestiones tan perentorias como "el análisis económico de los usos del agua" hasta la concesión de licencias para nuevas cadenas de radio y tel...