Saltar ao contido principal

A nova visita de Encarna Otero a Caldebarcos marca o inicio da restauración das casetas mariñeiras

O pasado luns 9 de xuño Encarna Otero Cepeda (directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta) visitou Caldebarcos para entrevistarse coa empresa que vai comezar de inmediato coas obras do proxecto para a rehabilitación das casetas mariñeiras tradicionais de Caldebarcos, iniciativa promovida pola propia Consellaría de Vivenda e Solo xunto coa Confraría de Pescadores do Pindo e na que xa levan traballando varios meses.

Encarna Otero manifestou que é obxetivo do seu departamento a recuperación e valorización do noso patrimonio mariñeiro, e que xa están traballando para a posta en marcha dun plano de rehabilitación integral da totalidade das casetas tradicionais de Carnota, en colaboración ca Consellaría de Pesca e mais coa Demarcación Xeral de Costas de Galiza.

Á entrevista con Encarna Otero asistiron a secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo e concelleira do BNG, Merche Diaz, os membros do goberno municipal Marisol Piñeiro e Santiago Brea, o presidente da Comunidade de Montes de Caldebarcos, César Cambeiro, e tamén representantes da empresa adxudicataria do proxecto.

Máis tarde Encarna Otero visitou os traballos doutra potente iniciativa para a posta en valor do noso patrimonio tradicional, a rehabilitación do impresionante conxunto de muíños de Caldebarcos e adecentamento do seu entorno, convidada por César Cambeiro e Belén Campos, membros da xunta rectora da Comunidade de Montes da localidade, que promove o proxecto. Durante a visita a directora xeral coñeceu a importante labor que xa levan feita e que significará ver restaurados en pouco tempo a totalidade dos muíños da localidade. Ademais puido atender ás explicacións ofrecidas pola arquitecta que dirixe a restauración do precioso conxunto e que os acompañou na saída.

Comentarios

  1. As que vivimos fóra de Carnota non deixa de sorprendernos que o Alcalde, non apareza estando de visita unha figura institucional da relevancia de Encarna Otero, e que para recibi-la figuren os seus escudeiros. Pésame dici-lo, pero en Carnota estades sen Alcalde.

    ResponderEliminar
  2. Ben ten razón a anónima en canto a preguntar onde estaba o alcalde de Carnota.
    Pero penso que o cualificativo de escudeiros esta de mais, ao menos hasta que alguén de unha explicación do por que non estaba o Sr. Oreiro.

    ResponderEliminar
  3. Constame que o alcalde estaba en Carnota en dita data.

    ResponderEliminar
  4. É que a este alcalde os proxectos de verdade danlle urticaria, o seu é imaxinar que fai muito.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón